miércoles, 17 de abril de 2013

Pasarela Zona Aberta 2013




Mar Barral participará na terceira edición da Pasarela Zona Aberta, o venres 19 de abril ás 20:00, na praza da Peixaría.

Os/as modelos desfilarán con produtos de 25 comercios vilagarciáns na seguinte orde: moda infantil, alimentación, decoración, papelaría, confección, calzado, complementos e deportes.

O pase de Mar Barral será no posto número 12.

martes, 19 de febrero de 2013

sábado, 16 de febrero de 2013

"RECIC-CLAY"

"Recic-clay" é unha nova colección de complementos que xorde do aproveitamento de materiais de refugallo,  aos que, cun pouco de imaxinación e creatividade se lles dá unha nova utilidade.

Aquí tendes un pequeno adianto.







viernes, 8 de febrero de 2013

Website e Facebook

Páxina web oficial: http://www.marbarral.com
Tamén estamos en Facebook: http://www.facebook.com/mb.marbarral

Pulseiras con tear



O próximo 11 de febreiro de 2013 temos un obradoiro de pulseiras con tear.


Se estás interesado/a en participar nunha próxima edición, envíanos un correo: info@marbarral.com


Presentación


OBRADOIRO MAR BARRAL – Cerámica de autor

En plena desembocadura do río Ulla, nos montes de Catoira e avistando a Ría de Arousa escóndese o segredo do barro e o lume. Descúbreo!